COR, TEXTURA E IDENTIDADE
Setembro 8 @ 10:30 a.m. - Setembro 19 @ 8:30 p.m.

COR, TEXTURA E IDENTIDADE
Do 8 ao 19 de setembro, o Mercado Galego da Creatividade acolle a obra de Bea Barril Romero, artista compostelá e unha das interioristas e escaparatistas que forman parte da nosa tenda.
As súas pezas abstractas nacen coa intención de encher de cor os espazos, combinando a súa mirada como deseñadora de interiores coa creación artística.
🎨 Obras únicas, pintadas á man, nas que os acrílicos se mesturan con materiais reciclados —papel, corda, tecidos…— para crear volumes, texturas e composicións cheas de personalidade.
E hai algo moi especial nelas: podes xiralas e colocalas en calquera das catro posicións, creando diferentes composicións e adaptándoas ao teu espazo e ao teu gusto.
Na súa colección tamén aparecen referencias á nosa cultura e á nosa memoria: Castelao, Rosalía de Castro, As Marías, a Catedral de Santiago… reinterpretados desde a súa particular mirada.
Unha exposición para descubrir como a arte pode transformar un espazo e facer que un espazo fale de nós. 💙
📍 Mercado Galego da Creatividade
📅 Do 8 ao 19 de setembro
Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal



