✨ OLL0S LARPEIROS, MANS DE PAPEL ✨
Agosto 27 @ 10:30 a.m. - Setembro 5 @ 8:30 p.m.

✨ OLL0S LARPEIROS, MANS DE PAPEL ✨
Do 25 de agosto ao 5 de setembro, o Mercado Galego da Creatividade recibe o universo creativo de Helena Ayape, artista plástica, artesá e docente.
🍋 Ollos Larpeiros, Mans de Papel é unha invitación a gozar da comida dende a mirada: acuarelas que capturan o brillo, a textura e o volume dos alimentos, acompañadas de esculturas de papel maché que dan vida a curiosos e elegantes gatos. 🐈
Unha exposición onde se atopan desexo, memoria e contemplación, pero tamén o gusto polo traballo feito a man, a paciencia e o respecto polos materiais.
Helena combina máis de dúas décadas de experiencia nas artes plásticas coa súa nova aventura na escultura, creando pezas únicas en papel maché, modeladas e pintadas artesanalmente. 🎨
📍 Mercado Galego da Creatividade
📅 Do 25 de agosto ao 5 de setembro
Un pequeno festín visual no que a arte se mira, se contempla… e case se pode saborear. 💛
👉 Achegádevos a coñecer o traballo de Helena Ayape!
Texto e cartel: @amoroteuestampaxeartesanal



