💙 AL O U M I Ñ O · Cuire Acuarelas 💙
Agosto 11 @ 10:30 a.m. - Agosto 22 @ 8:30 p.m.

💙 AL O U M I Ñ O · Cuire Acuarelas 💙
Do 11 ao 22 de agosto, recibimos no Mercado Galego da Creatividade Aloumiño, a nova exposición de Cuire Acuarelas, firma detrás da que está a ilustradora Sandra Cuiña.
Nesta mostra, os protagonistas son os seus últimos traballos en forma de láminas, como Sancosmeira ou Gaiteiro, nos que volve amosar o seu apego pola cultura e a tradición galegas. Tampouco faltan as súas xa coñecidas Cantareiras, Pitas ou Parrochiñas.
Pero Aloumiño achéganos tamén á orixe de todo o seu traballo: as acuarelas orixinais, pezas únicas pintadas a man que serven de base para as súas creacións. Para Sandra, a acuarela convértese nun aloumiño para ela e para todas esas cousas que a fan sentir preto da súa terra: unhas filloas, un prato de caldo ou a súa querida Rosalía de Castro. 🥰
A exposición complétase con pezas téxtiles e bolsas estampadas coas súas ilustracións, levando a súa particular visión de Galicia da acuarela a obxectos para o día a día.
✨ Aloumiño · Cuire Acuarelas
📅 Do 11 ao 22 de agosto
📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela
📸 Cartel e texto: Sandra Amor ó Teu



