Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Exposición de cerámica _ Piros Heija

Outubro 7 - Outubro 18

Abrimos a nosa sala de exposicións para ensinarvos o traballo de Piros Héjja, unha apaixonada da cerámica. Esta creativa húngara, establecida en Compostela dende hai un tempo, namorouse do barro dende o primeiro momento en que as súas mans traballaron con este material. Sentiu como espertaba a súa creatividade e como estimulaba o seu impulso a crear obxectos coas súas propias mans. Empezou coa técnica do torno e mais adiante explorou pouco a pouco o moldeado á man.

Nesta exposición imos ver as súas pezas mais recentes. Son obras creadas xa en Galicia e inspiradas na súa experiencia vital na cidade de Santiago. A proximidade coa natureza, co océano ou a simboloxía das viaxes de peregrinación á Compostela, son fonte de inspiración para Piros. É por iso que en moitas pezas está presente o símbolo da concha.

Cada obxecto conta unha pequena historia e rememora vivencias da súa propia peregrinación, que aínda que pasaron mais de doce anos, sempre están moi presentes as sensacións e emocións vividas durante esa viaxe tan profunda e espiritual.

Queres coñecer como esta creativa representa Galicia, á súa xente, as tradicións e a cultura galega a través das súas pezas de cerámica?
Ven a visitar a colección completa!

 

Exposición: ‘O Camiño en cerámica, 12 anos despois’
Técnicas empregadas: cerámica
Autora: Piros Hejja
Nome da marca: Piri Cerámica
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 7 – 18 de outubro
Horario: 10:30 – 20:30 h

Details

Start:
Outubro 7
End:
Outubro 18
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando