- This event has passed.
Exposición de arte abstracta _ O Teu GUSTO
Setembro 23, 2025 - Outubro 4, 2025

Bea Barril, interiorista de profesión e vocación, é a deseñadora e creadora das pezas que están baixo a marca: O Teu GUSTO.
Desde ben pequeniña, a esta creativa gustáballe “poñer orde e mellorar a estética dos espazos que visitaba e a rodeaban”. Mais tiña que ser aproveitando os elementos que xa había nel, ou recuperando outros agochados no faiado. Sempre mantivo unha filosofía de recuperar, reutilizar e dar segundas vidas e oportunidades ás pezas que decoran un lugar, deste xeito seguen contando e continuando a historia desa estancia.
A través desta exposición no Mercado, Bea amosa toda a súa colección de pezas decorativas e artísticas pintadas á man con acrílico e intervindo as obras con técnicas artesanais antigas como son a manipulación do papel para elaborar o papel maché. Engade refugallos de papel e outros materiais e combínaos con cola, xeso ou escaiola para darlle consistencia e texturas ás obras ademais de permitirlle a reciclaxe de materiais que doutro xeito irían ó lixo.
Papel usado, cordas, tecido téxtiless, plásticos…, todos eles reciclados, son compoñentes principais do acabado final da obra.
Tamén poderemos atopar deseños e ilustracións inspirados en personaxes referentes da cultura galega e compostelá como son: Castelao, Rosalía de Castro ou As 2 Marías.
Título da exposición: ‘Decorando estancias ao Teu Gusto’
Técnicas empregadas: acuarela e incrustacións de materiais reciclados
Autora: Bea Barril
Nome da marca: O Teu GUSTO
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 23 de setembro – 4 de outubro
Horario: 10:30 – 20:30 h
Coñece o traballo desta creativa:
Instagram: @oteugusto



