loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de estampado botánico _ Alizari atêlier botánico

Abril 2, 2024 - Abril 13, 2024

Temos as portas abertas do noso espazo expositivo para amosar o traballo de Belén Merelas e o seu Alizari atêlier botánico.

Alizari é unha simbiose entre a botánica e o mundo téxtil. Mediante tinturas naturais de diferentes fontes biolóxicas, dende plantas ata fungos, creamos estampados únicos que se poden aplicar a distintos produtos de deseño cunha identidade única e eco-consciente.

Como bióloga, Belén estudaba as respostas defensivas das plantas fronte patóxenos e parasitos. Moitas das moléculas implicadas en defensa vexetal son compostos que se empregan na preparación de fibras naturais ou que serven para tinguir. Cando comezou a comprender a diversidade de moléculas colorantes que nos rodean viu un mundo cheo de posibilidades.

No seu xardín cultiva especies de plantas tintorias esquecidas en Europa que emprega para tinguir e estampar e explorar as fontes colorantes da flora galega. As tinturas naturais permítenlle obter unha ampla variedade de cores que aplica soas ou de forma conxunta co estampado botánico. Nesta técnica coloca follas, flores, raíces ou cortizas sobre a tea e, por medio da humidade, calor e presión adecuadas conséguese unha transferencia directa das moléculas colorantes das plantas sobre a tea.

As fibras usadas nesta técnica son 100 % de orixe natural, principalmente algodón, liño, seda, la e cáñamo, polo que son biodegradables e non producen residuos tóxicos derivados do petróleo.

Alizari é unha alternativa á industria téxtil de produción rápida e efémera. Representa un cambio no sector ao tratarse dun proceso lento, no cal se require o coñecemento dos recursos empregados, o estudo de receitas históricas, así como a experimentación e a procura de novas fontes tintorias na flora local, o que pon en valor a biodiversidade, os recursos botánicos da zona e os procesos artesanais de creación. (Belén Merelas).

 

Título da exposición: “Cores Botánicas”
Autora: Belén Merelas
Marca: Alizari atêlier botánico
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 2 – 13 de abril
Horario: 10:30 – 20:30 h

 

Coñece o traballo de Belén:
Instagram: @alizari_atelier

Detalles

Comezo:
Abril 2, 2024
Remate:
Abril 13, 2024
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando