- Este evento pasou.
Exposición de xoiaría _ pekeña.com
Marzo 5 - Marzo 16
Victoria Eugenia Constenla é a artesá que está detrás da marca Pekeña.com. Unha firma que elabora xoias a partir de materiais como prata, latón ou cobre, e combinando estes con pedras semipreciosas naturais, baños de ouro, perlas, fósiles… Todas elas son pezas únicas e feitas á man pola propia autora.
Victoria vive actualmente no campo, en contacto constante coa natureza, así que non é de estrañar que esta sexa, en gran medida, a súa fonte de inspiración, e que nas xoias da súa nova colección poidamos recoñecer elementos e formas naturais.
Baixo o título de “O noso tesouro, a nosa natureza”, Vitoria quere expresar o que significan para ela as pequenas cousas do campo e da costa galega: o son do vento entre as árbores, o piar dos paxaros, as follas secas baixo as pisadas, a brisa do mar, as olas que rompen contra as rocas, as formas e cores das cunchas do mar, as algas… Todo isto crea a atmosfera perfecta para que Victoria Eugenia siga creando verdadeiras xoias inspiradas na natureza que a rodea.
Título da exposición: ‘O noso tesouro, a nosa natureza’
Autora: Victoria E. Constenla
Marca: Pekeña.com
Técnicas: xoiaría artesanal (laminado, soldado, texturizado, gravado, moldeado, limado, lixado, pulido…)
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 5 – 16 de marzo
Coñece e sigue o seu traballo:
Web: https://pekeña.com/
nstagram: @pekenajoya