- Este evento pasou.
Exposición de fotografía _ Xaime Cortizo
Marzo 19, 2024 - Marzo 30, 2024
Temos as portas abertas do noso espazo expositivo para amosar o traballo do fotógrafo: Xaime Cortizo.
Fotógrafo profesional e deseñador visual, con más de 15 anos de experiencia no mundo da fotografía e a comunicación visual.
Xaime desenrola e proxecta a imaxe de artistas, persoas emprendedoras, empresas, proxectos ou eventos diversos.
No plano artístico interésalle afondar na beleza cotiá, captala e mostrala a través dunha mirada optimista e con emoción, guiado pola luz, a materia prima da fotografía.
“Case trinta anos de forma de mirar, buscando cada día beleza e harmonía neste mundo convulso e á vez fermoso no que nos tocou vivir. Unha escolma que amosa desde algunhas das primeira imaxes analóxicas, positivadas xa no anterior século, ata paisaxes e perspectivas que tentan transmitir a esencia do fotografado, percibindo e contactando co que está enfronte de min, a maxia do instante.
Nestas dúas semanas traslado o meu estudio, que habitualmente está na Praza de Galicia, a uns centos de metros máis arriba, nesta rúa da Caldeirería, eixo natural de Compostela, en Creativas Galegas, epicentro da creatividade galega.
Agárdovos aquí! “
Título da exposición: “Fotografía en esencia”
Autor: Xaime Cortizo
Marca: Xaime Cortizo
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 19 – 30 de marzo
Horario: 10:30 – 20:30 h
Coñece o traballo de Xaime:
Instagram: @xaimecortizo
Facebook: Xaime Cortizo Fotografía Comunicación Visual