
- Este evento pasou.
Exposición de xoiaría _ Khepri Arte
Maio 14, 2024 - Maio 25, 2024

Khepri Arte é a marca de Igancio Ansín. A súa fascinación pola civilización do Antigo Exipto é fonte de inspiración para a creación da súa xoiaría. É por iso que toma da súa simboloxía, o nome da marca.
Jepri (Khepri), na mitoloxía exipcia, é o deus Sol, símbolo de constante transformación, de crearse a si mesmo e da vida eterna. Cada mañá o Sol renacía, repetindo un ritual de nacemento e morte, de luz e escuridade, que representaba para os antigos exipcios a eterna rexeneración do mundo, e das almas que o habitan. Khepri representa o «chegar a ser (por un mesmo)», a creación e o cambio constante nunha viaxe de ida e volta sen fin.
Así nos presenta Ignacio a súa propia obra:
Xoiaría artística galega e talla de pedras inspirada na civilización do Antigo Exipto. Colección composta por pezas únicas talladas minuciosamente a man en materiais como plata, ouro e minerais preciosos. Escaravellos e outros elementos do imaxinario exipcio son incorporados e engastados mediante técnicas tradicionais en aneis e colgantes exclusivos.
Non perdas a oportunidade de coñecer o traballo deste artesá.
Título da exposición:«O Antigo Exipto, fonte de inspiración»
Autor: Ignacio Ansín
Marca: Khepri Arte
Técnica: talla de pedras e metais para elaborar xoiaría
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 14 – 25 de maio
Horario: 10:30 – 20:30 h