- Este evento pasou.
Exposición de xoiaría _ Soledad Mato
Maio 28 - Xuño 8
Soledad Mato e o poder da xeometría e as cores 💎
Dende hoxe, o Mercado Galego da Creatividade conta coa presenza de Soledad Mato, unha artesá que leva un longo percorrido dedicándose á xoiaría.
Nesta exposición, a creadora pon de manifesto as formas xeométricas e unha ampla gama de cores que son insignia de todas as súas creacións.
A prata e as pedras naturais son as protagonistas do seu proxecto no que Soledad Mato, ademais de traballar este prezado metal, selecciona cada pedra e busca facer con esta unión, unha peza única.
Nos vindeiros quince días poderedes deleitarvos coas pezas que elabora esta compañeira e tamén co seu traballo en directo.
Título da exposición: “Xeometría e cor”
Autora: Soledad Mato
Marca: Soledad Mato
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 28 de maio – 8 de xuño
Horario: 10:30 – 20:30 h
Coñece o traballo de Soledad:
Instagram: @soledadmato
Facebook: Soledad Mato