loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de ourivaría _ Acivro Xoias

Abril 30 - Maio 11

O noso mercado acolle a obra de Chus Iglesias onde, ademais de descubrir as alfaias que elabora baixo a súa marca Acivro Xoias, poderedes desfrutar vendo os seus procesos de creación.

Deixámosvos as verbas coas que ela mesma nos amosa o seu traballo:

Benvidas á ourivaría compostelá do século XXI, ao universo Acivro Xoias.

Inspirada na cultura galega, a literatura, a pintura e a natureza, Chus realiza unha xoiería contemporánea que axunta tradición e modernidade, traballando a prata coas técnicas tradicionais da ourivaría de Compostela froito da docencia dos mestres Ricardo Rivas e Julio Lado.

A marca persegue a beleza das súas creacións dun xeito responsable e sostible a través da recuperación e reutilización de materiais, traballando de forma lenta e coidada e dando unha segunda vida ás culleres e culleróns antigos de prata que se transformarán en brazaletes ou colares, mantendo a súa identidade.

Nas dúas semanas de exposición poderedes desfrutar vendo a Chus traballar en vivo e achegarvos á maxia deste oficio tradicional intimamente ligado á historia de Compostela.

Título da exposición: “Emocións”
Autora: Chus Iglesias
Marca: Acivro Xoias
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 30 de abril – 11 de maio
Horario: 10:30 – 20:30 h

 

Coñece a obra de Acivro Xoias:
Instagram: @acivroxoias
Facebook: Acivro xoias

Detalles

Comezo:
Abril 30
Remate:
Maio 11
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando