- Este evento pasou.
Taller de encadernación de tapa dura_ Legendary Tales Editions
Abril 27 @ 5:00 p.m. - Maio 11 @ 2:00 p.m.
Lanzamos novas datas para a modalidade de taller de encadernación dun block con tapa dura impartido por María Ramírez.
Este obradoiro ten como obxectivo aprender a elaborar o noso propio block de notas con tapa dura.
Aprenderemos a:
- Facer un cosido das follas coa técnica da cadeneta francesa.
- Encadernación do block coa tapa dura.
- Dourado das follas do caderno.
- Colocar as gardas para protexer o contido do libro.
- Daremos o toque final especial: decoración con debuxos feitos coa punta térmica.
Empregaremos papel de alta calidade para crear o corpo do noso libriño e remataremos cunha encadernación monocromo ou a dous tons, segundo queiramos personalizalo. Imos ter ao noso dispor unha ampla variedade de papeis especiais que nos axudarán nesa personalización.
A duración do taller son tres sesións de tres horas en 3 días distintos.
Aquí deixamos mais detalles desta formación:
Taller de: Encadernación dun block con tapa dura
Técnicas: decoración con lettering, debuxos con punta térmica e dourado das follas
Formadora: María Ramírez
Marca: Legendary Tales Editions
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Datas e horarios do taller (duración de 3 días):
- 27 de abril: 17:00 – 20:00 h
- 4 / 11 de maio: 11:00 – 14:00 h
Custo do taller: 85 € (todos os materiais incluídos)
Merca o teu taller Mercar
Coñece o traballo de María:
Instagram: @arteira.mv