loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de creación de selos con luz ultravioleta _ amorote printing workshop

Abril 27 @ 10:00 a.m. - 2:00 p.m.

Neste obradoiro mergullarémonos no fascinante mundo da creación de selos utilizando planchas de fotopolímero. Desvelaremos os segredos desta técnica e, cando remates, levarás contigo non só un papel impreso, senón tamén os dous selos únicos que creaches coas túas propias mans.

Imos facer dous selos durante a sesión: un cun deseño dixital e outro cun deseño que crearemos manualmente no propio obradoiro. Se tes unha marca persoal ou queres crear un exlibris por exemplo, este é o lugar ideal. O deseño dixital acordarémolo por correo electrónico.

Que aprenderemos:

_ Explicaremos as nocións básicas e, partindo dun fotolito, traballaremos coa plancha de fotopolímero, un material que reacciona á luz ultravioleta.
_ Realizaremos a exposición e desenvolvemento do selo.
_ Remataremos o proceso montando o selo sobre unha base de madeira e estampando o noso deseño en papel.
_ Ofreceremos consellos sobre os materiais, tintas e tempos necesarios, baseados na nosa experiencia, para garantir un traballo de alta calidade.

Duración: desfrutaremos de 3 horas e media nas que aprenderemos todos os pasos necesarios para dar vida ao teu propio deseño.

Outra información a ter en conta:

_ Non é necesario saber debuxar nin ter ningún tipo de coñecemento previo sobre esta técnica.

Esperamos que esta experiencia che inspire e sexa todo un éxito!

Aquí deixamos mais detalles desta formación:

Taller de: elaboración dun selo.
Técnica: empregaremos planchas de fotopolímero, un material fotosentible, polo tanto reacciona ao contacto coa luz (específicamente con raios UV) e soluble en auga.
Formadora: Sandra de Rego
Marca: amorote printing workshop
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Datas do taller: 27 de abril
Horario: 10:30 – 14:00 h
Custo do taller: 45 € (Todos os materiais incluídos)

Merca o teu taller  Mercar

Coñece o traballo de Sandra:
Instagram: @amoroteprintingworkshop

Detalles

Data:
Abril 27
Hora:
10:00 a.m. - 2:00 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando