- Este evento pasou.
Taller de tecido grupal _ Hilokune Estudio Logaro
Abril 26 @ 4:30 p.m. - 6:30 p.m.
Este taller de tecido grupal está impartido por Lola Logaro de Hilokune Estudio Logaro.
Queres mellorar e perfeccionar as túas habilidades na arte de tecer e co asesoramento dunha das nosas referentes, finalista dos Premios Artesanía de Galicia?
Inscríbete neste taller de @lolalogaro que se vai impartir cunha sesión mensual / grupo.
Cada alumno e alumna traerá unha peza, de punto ou de gancho, sobre a que xa está traballando e sobre ela, Lola axudaralle a resolver dúbidas, a facer cálculos de traballo e a levar as súas prendas a outro nivel de tecido. Descubre os segredos dunha das nosas grandes artesás galegas.
Actividade: Taller de tecido grupal
Formadora: Lola Logaro
Marca: Hilokune Estudio Logaro
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 26 de abril
Horario: 16:30 – 18:30 h
Custo do taller: 30 € / mes
Merca o teu taller Mercar
Coñece a Lola Logaro:
Instagram: @lolalogaro