loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de estampación artesanal _ Amor ó teu

Xuño 11, 2024 - Xuño 22, 2024

Amor ó teu estampaxe artesanal é a marca de Sandra de Rego, a quen coñecemos por #Amorote e que agora nos quere redescubrir o seu traballo baixo un novo nome, pero co mesmo agarimo pola nosa terra e polo medio ambiente de sempre.

Durante as próximas semanas poderedes ver de preto no Mercado Galego da Creatividadede as estampacións que esta artesá elabora inspirándose en Galicia en soportes como papel, téxtil cerámica ou latón.

Anímate a visitala e a celebrar esta nova etapa, pois ademais, ten varias sorpresas:

“Teremos os selos de Amor ó Teu, para que poidas levar unha postaliña estampada por ti mesmo/a. Tamén ofreceremos talleres ao longo da semana próxima, que iremos anunciando nos próximos días. E para os máis curiosos, temos preparada algunha sorpresiña que só descubrirás se te achegas pola tenda”.

Título da exposición: “Amor ó Teu”
Autora: Sandra de Rego
Marca: Amor ó Teu
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 11 de xuño – 22 de xuño
Horario: 10:30 – 20:30 h

Coñece o traballo de Sandra:
Instagram: @amoroteuestampaxesartesanal
Facebook: @amoroteuestampaxeartesanal

 

Detalles

Comezo:
Xuño 11, 2024
Remate:
Xuño 22, 2024
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando