- Este evento pasou.
Exposición de pintura _ El Escaparate de Bea
Xullo 1 - Xullo 7
Da man de Beatriz Fraguas chega a seguinte exposición, coa natureza e o mar como fontes de inspiración 🌊
Esta artista achéganos unha mostra na que as protagonistas son a pintura a base de óleos e acrílicos en soportes de madeira ou lenzos e a costura mediante teas cunha gama de cores que acompasan coa natureza.
Ao longo de dúas semanas, as creacións de Bea, quen considera que “a vida é fermosa se a miras con paixón”, estarán agardando por todas na planta baixa do Mercado Galego da Creatividade!
Título da exposición: “As miñas paixóns”
Autora: Bea Fraguas
Marca: El escaparate de Bea
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas: 1 de xullo – 7 de xullo
Horario: 10:30 – 20:30 h
Coñece o traballo de Beatriz:
Instagram: @bea_fraguas