loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de escultura de poriestireno _ Napalmadaman

Outubro 24, 2023 - Novembro 4, 2023

Inauguramos unha nova exposición no Mercado. Unha vez mais, abrimos as portas para marabillarnos, en vivo e en directo, co traballo do noso compañeiro Juan. 

Xa vos contamos noutras ocasións, o compromiso deste creativo á hora de reducir a cantidade de lixo que desbotamos, coidar o planeta e conseguir deixar a menor pegada posible nel.

E como o consegue?

As súas coleccións de obras caracterízanse, ademais de por orixinalidade e deseño, polo compromiso e a responsabilidade de Juan de traballar reciclando materiais como o polistireno expandido ou cortiza branca.

Cantos paquetes chegan aos nosos fogares a diario? Canto recheo ven nesa paquetería e vai directamente ao lixo, estando en perfecto estado? E que podemos facer con el para empregalo en algo útil e non tiralo?
Estas preguntas son as que fixo Juan antes de poñer en marcha a súa marca: Napalmadaman. E tamén se fixou en que un dos materiais mais abundantes como protector e illante é o polistireno expandido (coñecido popularmente como poliespan). Un material moi usado para embalar electrodomésticos, materiais de obra…, que chega impecable ao seu destino e así de intacto vai directo ao lixo. De aquí xorde a idea do proxecto.

Desde ese momento no que xorde a inspiración, son moitos os e moi diferentes os produtos que Juan foi creando. Mais sempre poñendo como material base para cada un deles o polistireno expandido, e a luz, como protagonista dos mesmos.

Este creativo autodidacta, xa leva mais de seis anos co seu proxecto, sustentado na reciclaxe de materiais e apostando por unha verdadeira economía circular.

Convidámosvos a ver este seu último traballo, a elegancia coa que xoga coa luz e como, a partir dun bo deseño e moita creatividade, converte o polistireno nunha escultura de deseño exclusivo.

 

Título da exposición: “Icopor”
Técnica: corte de polistireno expandido coa técnica do fío quente para crear os obxectos coas formas que queremos. Con rascadeira de arame, pistolas de aire quente e coitelas, dálle a textura final buscada.
Autor: Juan Lens
Marca: Napalmadaman
Lugar da exposición: Mercado galego da Creatividade
Data: 24 de outubro – 4 de novembro

 

Instagram: @napalmadaman 
Facebook: @Napalmadaman

 

Detalles

Comezo:
Outubro 24, 2023
Remate:
Novembro 4, 2023
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando