loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de elaboración de baixela de terrazo con ecoresina _ Matinée Club Creative

Outubro 21, 2023 @ 11:00 a.m. - 2:00 p.m.

Achegamos unha nova proposta de taller.

As responsables da idea e da formación son as nosas compañeiras: Olalla Borrego e Claire- Marie Aubert. Dúas creativas que teñen como propósito ensinarnos a elaborar unha bandexa de terrazo a partir de ecoresina.

Nesta experiencia mergullarémonos en técnicas básicas do deseño para aprender a crear diferentes obxectos decorativos e sen necesidade de forno. Aprenderemos a traballar coa resina para facer texturas e darlle a forma que queremos ás nosas pezas.

Aprenderemos a:

  • Usar a resina mineral, un compoñente libre de tóxicos e con base de auga.
  • Mesturar pigmentos para a paleta de cores que desexamos conseguir.
  • Crear as texturas do terrazo (chips).
  • Preparar un molde para crear pezas como a nosa bandexa e outros obxectos.
  • Secado e lixado.
  • Aplicar un fixador.

Ao final do taller, levarás unha peza, creada desde cero, coas túas propias mans!

 

Aquí deixamos mais detalles desta formación:

Taller de: Creación de bandexa de terrazo con ecoresina
Técnica: mistura de compoñentes, pigmento e texturas para a creación dunha bandexa con molde
Formadoras: Olalla Borrego e Claire-Marie Aubert
Marca: Matinée Club Creative
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Datas do taller: 21 de outubro
Horario: 11:00 – 14:00 h
Custo do taller: 60 € (todos os materiais incluídos)

 

Reserva a túa praza escribindo un correo electrónico a: hola.matineeclub@gmail.com

Contacta coas formadoras:
_ Correo electrónico: hola.matineeclub@gmail.com
_ Teléfono: +34 652217804 / +34 722458939

 

Coñece o traballo de @matinee_creativeclub

Instagram: @maitane_creativeclub

 

Detalles

Data:
Outubro 21, 2023
Hora:
11:00 a.m. - 2:00 p.m.
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando