- Este evento pasou.
Encontros Emprendedores _ Axenda Urbana 2030
Outubro 17, 2023 @ 10:00 a.m. - 12:00 p.m.
A Gobernanza é un eixo transversal ao longo da Axenda Urbana 2030, que ten por obxectivo promover a participación social e cidadá sobre as cuestións de interese para a veciñanza.
O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa penúltima xuntanza o martes 17 de outubro, ás 10h, no Espazo Galego da Creatividade. Do mesmo xeito que en anteriores citas, o Encontro Emprendedor enmarcarase nunha experiencia empresarial que pon en práctica o eixo da gobernanza, tanto na súa estrutura como na actividade que desenvolve.
Nesta ocasión, Coop57 Galiza dará a coñecer a súa organización coas persoas asistentes. Coop57 Galiza é unha cooperativa formada por persoas e entidades que ofrece servizos financeiros éticos e solidarios, co obxectivo principal de contribuír para a transformación social positiva da economía e da sociedade.
Como entidade, Coop57 Galiza pon en práctica os valores de democracia interna, participación e auto-organización, prestando servizos dende o ano 2009.
Unha vez compartida a actividade de Coop57, desenvolverase un espazo participativo no que as persoas asistentes reflexionen sobre a gobernanza e a participación social. Como en cada Encontro Emprendedor, Creativas Galegas ofrecerá un almorzo con produtos galegos.
O noveno Encontro Emprendedor:
_ Obxectivo: A Gobernanza
“Coop57 Galiza: rede de persoas e entidades por uns servizos financeiros éticos e solidarios”
Carme Casado Casado
Responsable Promoción Económica en CERSIA Empresa (Concello de Santiago)
Contextualización breve da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela
Antón Insua López
Coop57 Galiza
_Día: martes, 17 de outubro de 2023.
_Hora: 10.00 – 12.00 h.
_Lugar: Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). Rúa da Caldeirería, 36 – Santiago.
Inscrición á xornada: https://forms.gle/e3KmT7zXCbXznxY3A
Contacto: encontrosaxendaurbana2030@gmail.com