- Este evento pasou.
Exposición de xoiaría botánica artesanal _ Malas Herbas
Outubro 10, 2023 - Outubro 21, 2023
Malas Herbas é a marca de Miguel e Paula. Neste proxecto de xoiaría botánica artesanal, como o seu nome indica, as consideradas malas herbas, teñen un protagonismo especial. Mais, por que?
As malas herbas crecen omnipresentes en todos os lugares do planeta e molesten a quen molesten, contribúen á identidade dun lugar e fano cunha actitude irreverente fronte ao mundo. É esa actitude e fortaleza o que nos motiva a soñar con outras realidades, e a crear as nosas pezas dunha forma consciente e respectuosa co entorno e a natureza.
Incluso se falamos dunha dimensión social, son para nós exemplo e reivindicación de todo aquilo que existe, aínda que de vez en cando incomode.
Marabíllanos a súa beleza pura e salvaxe. Por iso as nosas xoias deben resaltar a súa fermosura natural, tanto estética como artística.
Coa Natureza por bandeira, e sen maior afán que o de desenvolver unha vida plena, perseguimos a beleza por todo o planeta, alá onde se queira esconder. Ás veces mesmo a atopamos…
Empregando diferentes técnicas artesanais, Paula e Miguel, combinan elementos como follas, froitos, setas… con resinas e metais, e crean pezas únicas reflexo da beldade da propia natureza.
Tras bailar e vagar polo mundo erraticamente, decidiron aunar os seus recursos para crear este proxecto. Servíronse para iso dos seus estudos e vivenzas nos eidos das artes e a bioloxía, e nace así: ‘Malas Herbas’.
Título da exposición: ‘A través das Malas Herbas’
Técnicas de traballo: Macramé, recollida e procesamento de elementos da natureza, emprego de resinas epoxi e resinas UV e combinación de todo isto con metais como a prata ou o latón.
Autores da exposición: Miguel Martínez Parada e Paula Navarro Moreno.
Marca: Malas Herbas.
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade.
Data: 10 – 21 de setembro.
Instagram: @malasherbasartesania
Facebook: Malas Herbas