- Este evento pasou.
Exposición de pintura _ Silvia G. Armesto
Setembro 26, 2023 - Outubro 7, 2023
“Paisaxes e figuras” é o título que acompaña a colección de obras de Silvia G. Armesto, desde os seus inicios na Facultade de Belas Artes de Barcelona. Desde entón, Silvia suma ás súas costas unha longa traxectoria de reflexións a través da pintura figurativo-expresionista.
Representando paisaxes e figuras, a artista atopou a linguaxe idónea coa que expresar as súas visións, experiencias e emocións. Para iso, sérvese de técnicas como o óleo, a acuarela, o acrílico ou o debuxo a carbón.
Parte desas paisaxes, protagonistas das súas pinturas, están inspiradas en lugares emblemáticos para a pintora como é Cervantes (Lugo), pola súa orixe materna. Unha zona xeográfica pertencente aos Ancares, cuxas xentes, camiñantes das súas aldeas, son persoeiros principais do seu imaxinario.
Unha obra pictórica, paisaxística e humanista, onde o mar Mediterráneo e o océano Atlántico, tan diferentes e poderosos, gozan de forte presencia.
Nesta colección de pinturas, amosarei un percorrido polas obras realizadas no último ano. Incluirei ademáis, obras doutras décadas co fin de completar a mensaxe e a lectura das miñas emocións e o meu pracer por pintar e pensar.
As miñas obras reflicten a miña constancia no silencioso mundo da pintura. Unha arte que, independentemente do seu éxito, desexo contribuír a súa difusión e presentala como o que realmente é: un profundo diálogo do/a artista consigo mesmo/a e unha reflexión deste/a sobre os elementos e as circunstancias que o/a rodean.
Título da exposición: “Paisaxes e figuras”
Técnicas: óleo, acuarela, debuxo a carbón e tintas
Autora da exposición: Silvia G. Armesto
Marca: Silvia G. Armesto
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 26 de setembro – 7 de outubro
Instagram: @silvia.g.armesto
Facebook: Silvia G. Armesto