- Este evento pasou.
Taller de creación dun selo artesanal para estampar sobre papel ou téxtil _ amorote printing workshop
Novembro 11, 2023 @ 11:00 a.m. - 2:30 p.m.
En que consiste o block printing?
É unha das técnica de estampaxe manual mais tradicionais e versátil e consiste estampar unha tea ou o papel por exemplo cun selo de madeira.
E que imos facer neste obradoiro?
Aparte de desfrutar dunha xornada traballando coas nosas propias mans, aprenderemos nocións básicas de deseño e creación dun selo para estampar sobre distintos soportes. Coñeceremos algunhas das marabillosas posibilidades e aplicacións que ten esta técnica.
Familiarizarémonos cos materiais básicos que se empregan nesta técnica.
Aprenderemos a diferenciar os diferentes tipos de estampados: posicional, allover, lineal…
Falaremos das diferentes tintas que atopamos no mercado e as mais axeitadas segundo as aplicacións que lle queremos dar.
Desfrutaremos estampando co noso propio selo creado no taller e cunha ou varias cores.
Ao final do obradoiro levarás o teu selo deseñado por ti e unha peza téxtil e papel impresa co estampado que ti lle queiras dar.
Duración do obradoiro:
Esta formación ten unha duración 3,5 horas para que nos dea tempo a aprender todos os pasos necesarios para reproducir os deseños de cada participante.
Que debes saber de antemán para inscribirte no taller?
Non é necesario saber debuxar nin ter coñecementos básicos de técnicas de impresión sobre diferentes soportes.
O taller está recomendado para persoas de mais de 12 anos que teñen a inquietude de crear os seus propios deseños e estampalos.
Actividade: taller de creación de un selo artesanal para estampar sobre papel e téxtil
Autora: Sandra de Rego
Marca: amorote printing workshop
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 11 de novembro
Horario: 11:00 – 14:30 h
Prezo: 45 € (todos os materiais incluídos)
Reserva a túa praza chamando ao teléfono: 664 66 91 33 / 605 141 241
Coñece a Sandra e á súa marca: amorote printing workshop:
Web: https://amorote.com/
Facebook: Amorote printing workshop
Instagram: @amoroteprintingworkshop