loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de produtos estampados artesanalmente _ amorote printing workshop

Decembro 6, 2022 - Decembro 16, 2022

Abrimos de novo o noso espazo de talleres e exposicións para acoller a obra de amorote printing work shop. Detrás desta firma está a nosa compañeira Sandra de Rego, unha profesional do deseño gráfico que se atopou coas técnicas de estampación e xa nunca mais as deixou. “Ola! Eu son Sandra e amorote é un taller de estampación artesanal sobre téxtil, papel e madeira. Con esta exposición de “Miña terra galega” quero amosar de cerca e en directo, os segredos do meu traballo artesanal e creativo. A través das técnicas de impresión, plasmo, sobre diferentes soportes, deseños inspirados  en Galicia. E aínda que a serigrafía artesanal, é a técnica protagonista do meu taller, emprego outras como son o gravado en releve. Poñendo sempre no centro das temáticas, iconas da natureza e paisaxe galega, creo imaxes cun estilo moi propio, e tamén colaboro con outros artistas residentes en Galicia.” Desta creativa destacamos a súa aposta por traballar dende o respecto e o coidado do planeta. É por iso que emprega como base, prendas de comercio xusto, tecidos orgánicos, pezas de reciclaxe e tintas con base de auga. Sandra converteu o espazo expositivo do Mercado Galego da Creatividade, nunha verdadeira tenda-taller de estampación, na que traballar en directo e lucir en todo o seu esplendor as pezas da súa marca amorote. Podedes atopar desde taciñas, camisetas, láminas, suadoiros…, e un longo etcétera de artigos de decoración, ben para o fogar ou para vestir. Se che parece máxico o proceso de estampar deseños que che gustan sobre produtos de diferentes texturas e materiais, ven ao Mercado e achégate á exposición para que Sandra che descubra como funcionan e os segredos das distintas técnicas de impresión que ela emprega.   Título da exposición: “Miña terra galega” Técnica: serigrafía artesanal Autora: Sandra de Rego Marca: amorote printing workshop Lugar da exposición: Mercado galego da creatividade Data: Do 6 – 16 de decembro   Instagram: @amoroteprintingworkshop Facebook: Amorote printing workshop

Detalles

Comezo:
Decembro 6, 2022
Remate:
Decembro 16, 2022
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando