- Este evento pasou.
Exposición de pintura ao óleo, e algo mais _ El Escaparate de Bea
Xuño 6, 2023 - Xuño 17, 2023
Coa crise de 2008, Beatriz quedou sen traballo. Un día, ordenando na casa, descubriu, no fondo dun caixón, o diario que lle regalou a súa avoa cando cumpriu os 8 anos. Abriu o tesouro e leu na primeira páxina:
“Me llamo Beatriz Fraguas y de mayor quiero ser pintora”.
Lembrouse entón, de cal era a súa verdadeira paixón desde moi nena, esa que tanto a relaxaba desde ben pequena, e a facía perder a noción do tempo: a pintura.
Decidiu recuperala para o seu presente, e desfrutar das bondades que esta arte lle achegaba á súa vida.
Bea di que lle falta moito para chegar a ser unha gran profesional da pintura, e humildemente, defínese como unha grande afeccionada a esta arte que tantos bos momentos lle brinda.
A outra gran paixón da artista é a música, e a combinación de ámbalas artes, crean, no día a día de Bea, momentos máxicos nos que nada mais existe, nos que nada mais importa.
“As catro estacións da vida” é unha colección de obras que están relacionadas coa belísima composición de Antonio Vivaldi. Melodías que a acompañaron ao longo de moitos bos e malos momentos. A súa parte favorita é a final, o verán, e aínda que a colección dos seus óleos falan das catro estacións, os que versan sobre o estío, teñen algo especial…
É marabilloso pensar que a través do tempo, a Bea nena reapareceu na súa vida para recordarlle, á Bea adulta, que estaba deixando atrás, o que realmente a facía feliz: pintar. Grazas á cativa por recuperar á artista e hoxe poder desfrutar da súa obra.
Convidámoste a visitar a súa colección no Mercado. Toma nota:
Título da exposición: ‘As catro estacións da vida’
Autora: Beatriz Fraguas
Marca: El Escaparate de Bea
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 6 de xuño – 17 de xuño
Instagram: El Escaparate de Bea