![Cargando eventos](https://creativasgalegas.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento pasou.
Exposición de pintura _ Celia Pía
Abril 17, 2023 - Abril 22, 2023
![](https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/04/Cartel_Axenda.jpg-1.png)
Anunciamos a nova exposición que temos aberta no Mercado Galego da Creatividade!
Celia Pía é a artista que nos abre as portas para ensinarnos a súa colección de obras.
Co interese posto de cheo na vida e no ser humano, Celia explora coa súa paleta de cores paisaxes próximas e alleas.
Esta artista incansable e conciliadora de diferencias, sérvese dunha narrativa integradora e contrastante de forte carácter autobiográfico para establecer un debate co público que se detén a observar as súas obras pictóricas.
Título da actividade: ‘Viaxe, demonios e humanismo’
Autora: Celia Pía
Marca: Celia Pía
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 17 – 22 de abril
Instagram: @celiapiamusica.arte
Facebook: Celia Pía