Taller de cartonaxe _ Con un poco de papel

Ven a elaborar o teu propio receitario coa técnica de cartonaxe xunto a Con un poco de papel. Aprenderemos os coñecementos básicos para montar unha caixa desde cero e usando para isto cartón.   Actividade: Taller de cartonaxe Autoras: Eva e María Marca: Con un poco de papel Lugar: Mercado Galego da Creatividade Data: 2 ... Ler máis

Taller de macramé _ Con un poco de papel

Ven a crear o teu bolso de macramé neste obradoiro impartido por Con un poco de papel. Unha peza de fío de algodón e divertida para lucir este verán.   Actividade: Taller de macramé Autoras: Eva e María Marca: Con un poco de papel Lugar: Mercado Galego da Creatividade Data: 3 de maio Horario: 16:30 ... Ler máis

Taller de scrapbooking _ Con un poco de papel

Gustaríache aprender a elaborar esta caixiña xoieiro ao carón de Con un poco de papel? Descubre as marabillas que podes facer cun pouco de papel, cartóns e tea, e leva contigo esta caixiña feita por ti.   Actividade: Taller de scrapbooking Autoras: Eva e María Marca: Con un poco de papel Lugar: Mercado Galego da ... Ler máis

Taller de Zentangle _ Elisabet Hillerud

Descubre a arte meditativa Zentangle e conecta contigo mesmo/a e coa natureza! Temos connosco a guía perfecta para aprender este arte, relaxar a mente e desfrutar creando pezas artísticas que nunca imaxinamos ser capaces de crear: Elisabel Hillerud. O Zentangle é un método de debuxo relaxante e accesible para todos, no que os patróns repetitivos ... Ler máis

Taller de macramé _ Malas Herbas Artesanía

Ven a elaborar con Paula, de Malas Herbas Artesanía, o teu tapiz de macramé. Confeccionaremos un tapiz de macramé aprendendo a tecer cos diferentes nós desta técnica.   Toma nota: Actividade: Taller de macramé Autoras: Paula Navarro Marca: Malas Herbas Artesanía Lugar: Mercado Galego da Creatividade Data: 14 de maio Horario: 16:30 – 19:30 h ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Soledad Mato

🔹Gústanche as xoias e tes curiosidade polo oficio da ourivaría compostelá? 🔹Apetéceche coñecer as diferentes técnicas e procesos que se esconden detrás dunha xoia elaborada artesanalmente? 🔹Tes inquedanza por entender onde está o valor de cada peza? Se respondes que si a algunha destas preguntas temos preparada a exposición perfecta que vai responder a todas ... Ler máis

Exposición de Con un poco de papel

Eva e María son dúas irmás e dúas das cabezas mais inquedas que coñecemos. A súa posibilidade de adaptación para personalizar calquera idea que se che ocorra é inmensa. Traballan o papel —de aí o nome da súa marca—, a madeira, o metacrilato, o téxtil, as técnicas do corte e gravado láser, o gancho, a ... Ler máis

Exposición de ilustración _ Raquel Montero

Raquel Montero é unha artista gráfica nada en Cambre. Esta creadora, formada en Belas Artes, especializouse en técnicas como a risografía, a tecedoría,  a applicación téxtil e o modelado manual. Raquel forma parte do Estudo Boh fundado xunto co ilustrador italiano Simone Virgini, en 2022. Xuntos desenvolven un universo gráfico compartido, inspirado no fantasy e nos ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Sonia Arnaiz

Abrímoslle as portas a unha nova creativa para que luza o seu produto en todo o seu esplendor. Esta vez, amosamos o traballo da nosa xoieira Sonia Arnaiz. "O meu traballo como xoieira parte dunha concepción artística da xoiería, que entendo como escultura portátil: pezas únicas, feitas á man, que transmiten emoción e personalidade. As ... Ler máis

Exposición de acuarela _ Cuire Acuarela

'Galegas' xa é a terceira exposición de Sandra Cuiña e a súa marca, Cuire Acuarela. Nela fai unha homenaxe ás Cantareiras, mulleres da terra ás que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas polo seu papel fundamental na conservación e transformación oral de parte da nosa cultura galega. Nesta exposición podes atopar ... Ler máis

Exposición de obra pictórica e feltrado de la e seda _ María Monsalve

Xa temos preparada a nova exposición na sala de exhibicións do noso Mercado. Esta vez a protagonista é María Monsalve. Velaquí as palabras coas que ela mesma se presenta e fala da súa obra e paixóns: «Pintora de profesión, cambiei o lenzo pola seda e o óleo pola la meiriña.  Encontrei no Nuno felting, e ... Ler máis

Exposición de ilustración _ Komorevi

Komorevi é a sinatura artística da ilustradora e muralista compostelá, Eva Agra (Santiago de Compostela, 1990). Case unha década dedicada profesionamente á ilustración e comunicando dende que ten uso de razón mediante o trazo do lapis e do pincel. A igualdade de xénero, a diversidade, a xustiza social, a comunidade e o coidado nos procesos ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando