Exposición de xoiaría _ Sonia Arnaiz

Abrímoslle as portas a unha nova creativa para que luza o seu produto en todo o seu esplendor. Esta vez, amosamos o traballo da nosa xoieira Sonia Arnaiz. "O meu traballo como xoieira parte dunha concepción artística da xoiería, que entendo como escultura portátil: pezas únicas, feitas á man, que transmiten emoción e personalidade. As ... Ler máis

Exposición de acuarela _ Cuire Acuarela

'Galegas' xa é a terceira exposición de Sandra Cuiña e a súa marca, Cuire Acuarela. Nela fai unha homenaxe ás Cantareiras, mulleres da terra ás que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas polo seu papel fundamental na conservación e transformación oral de parte da nosa cultura galega. Nesta exposición podes atopar ... Ler máis

Exposición de obra pictórica e feltrado de la e seda _ María Monsalve

Xa temos preparada a nova exposición na sala de exhibicións do noso Mercado. Esta vez a protagonista é María Monsalve. Velaquí as palabras coas que ela mesma se presenta e fala da súa obra e paixóns: «Pintora de profesión, cambiei o lenzo pola seda e o óleo pola la meiriña.  Encontrei no Nuno felting, e ... Ler máis

Exposición de ilustración _ Komorevi

Komorevi é a sinatura artística da ilustradora e muralista compostelá, Eva Agra (Santiago de Compostela, 1990). Case unha década dedicada profesionamente á ilustración e comunicando dende que ten uso de razón mediante o trazo do lapis e do pincel. A igualdade de xénero, a diversidade, a xustiza social, a comunidade e o coidado nos procesos ... Ler máis

Exposición de arte abstracta _ O Teu GUSTO

Bea Barril, interiorista de profesión e vocación, é a deseñadora e creadora das pezas que están baixo a marca: O Teu GUSTO. Desde ben pequeniña, a esta creativa gustáballe “poñer orde e mellorar a estética dos espazos que visitaba e a rodeaban”. Mais tiña que ser aproveitando os elementos que xa había nel, ou recuperando ... Ler máis

Exposición de cerámica _ Piros Heija

Abrimos a nosa sala de exposicións para ensinarvos o traballo de Piros Héjja, unha apaixonada da cerámica. Esta creativa húngara, establecida en Compostela dende hai un tempo, namorouse do barro dende o primeiro momento en que as súas mans traballaron con este material. Sentiu como espertaba a súa creatividade e como estimulaba o seu impulso ... Ler máis

Exposición _ Ruxe design

Jenny é a quinta xeración de colareiras de O Grove. As mulleres da vila recollían as conchas que o mar deixaba atrás, uníanas con fío e elaboraban divertidos colares que logo vendían na Illa da Toxa a visitantes fascinados co traballo final destas artesás. De tales raíces nace a inquietude da nosa compañeira por crear ... Ler máis

Exposición de xoiaría _ Ana Benito

Acollemos unha nova exposición na tenda para mostrarvos o traballo de Ana Benito Vinós, unha xoieira de Compostela con medio corazón mexicano. É por iso que ambas culturas están presentes en cada unha das súas pezas: Ela mesma se nos presenta: “Se me tivese que describir, diría que son bióloga de corazón e xoieira de ... Ler máis

Taller de encadernación _ María Ramírez

María Ramírez imparte a súa V edición de taller de encadernación para que te leves a túa libreta personalizada. Neste obradoiro aprenderemos a coser con cadeneta, a facer unha encadernación con tapa dura, a dourar os cantos do noso caderno e a decoralo co deseño que nós elixamos debuxándoo co lapis térmico. En imaxes deixamos ... Ler máis

Exposición colectiva _ Mercado Tarado

Queres atopar artigos imperfectamente exclusivos, sacados do baúl do ‘veremos que fago contigo algún día’ que todo artesán/á ten —se di que non, minte ou non é artesán/á—, pezas feitas á man con historia propia e obras á venda a demasiado bo prezo? Benvidos e benvidas ao noso 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨: unha chea de produtos artesanais ... Ler máis

Taller de iniciación ao ecoprint _ Hiar artesanía

Unha experiencia creativa para mergullarte na natureza e descubrir como follas e flores poden quedar plasmadas para sempre nun tecido de seda. Neste obradoiro de iniciación entrarás no universo do ecoprint, aprendendo as bases desta técnica de estampaxe botánica e creando unha peza única en seda que gardará para sempre a beleza efémera dos campos ... Ler máis

Taller de coiro _ Dona Formiguinha

Neste obradoiro aprenderemos a elaborar un peto de coiro con Nerea de Dona Formiguinha. Veremos como cortar as pezas de pel que precisamos, como montalas para darlle a forma ao noso peto e decoraremos como se fose casiña fantástica. Requisitos para poder participar: 👉 Ter 12 anos ou mais.   Actividade: Taller de elaboración dun ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando