Escaparate vivente ‘tecendo no tear’ _ Belategui Regueiro

Algunha vez escoitaches o son que fai o tear ao tecer? Nos tempos nos que vivimos de ritmos acelerados, pararnos un intre a escoitar os sons que chegan paseniño con cheiro a memoria, orixe e tradición, fai que acougue o noso ritmo e recórdanos de onde vimos. Entre eses sons está o dos teares cando ... Ler máis

Escaparate Vivente de escaparatismo _ Denadinteriores e Spacio b

Xa coñecedes as nosas compañeiras Bea Barril, de Spacio b, e Almudena Rodríguez, de Denadinteriores. Elas son as encargadas de preparar o noso escaparate con motivo desta época de Nadal. Baseándose na temática tradicional dos fogares galegos durante estas datas, van crear un espazo que acolla ao Apalpador, mais coñecido en zonas interiores de Galicia, e ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Xa coñecedes á nosa compañeira Diana Fraiz, a xoieira que está detrás da firma Asuntos Imaxinarios. Pois Diana estará mañá, xoves, día 15, traballando en directo desde o escaparate do Mercado, para que quen teña a curiosidade, coñeza os segredos dos procesos de creación e materiais cos cales traballa esta artesá. Vai elaborar en directo ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato

Temos de novo un Escaparate Vivente de xoiaría, de Soledad Mato. Mais desta vez pretende sorprendernos coa técnica que nos vai mostrar. Estamos habituados/as a ver traballar a Soledad con pedras semipreciosas e prata. O peso das súas xoias recae en gran medida nas historias xeolóxicas que esta xoieira nos conta sobre a formación dos ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría de vidro _ Tejeluz

Xa coñecedes ao noso compañeiro Juan Fuente de traballos que fixo no directo desde o Mercado. A través do seu Escaparate Vivente vai mostrarnos un dos piares básicos do seu traballo diario que comercializa baixo a marca Tejeluz: a técnica de fusing. En que consiste o fusing e por que é tan importante no seu ... Ler máis

Escaparate Vivente de traballo do coiro _ Dona Formiguinha

Nerea é unha das nosas creativas que traballa o coiro. Baixo a súa marca Dona Formiguinha podedes atopar as marabillas que fai con este material. Esta artesá inqueda, inconformista, amante dos pequenos detalles e traballadora coma unha formiga vainos deleitar cunha mostra en directo do seu traballo diario.  Destacar do seu traballo que todos os ... Ler máis

Escaparate Vivente de escultura de papel reciclado _ D Rositas

Coñeces a nosa compañeira Charo, a artesá que está detrás da marca D Rositas? Charo fai esculturas e xoiaría a partir de papel de libros que se van estragando co uso, e de non darlles esa oportunidade, os libros irían ao lixo. Neste Escaparate Vivente Charo vai facer unha escultura.  En concreto, vai crear unha ... Ler máis

Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO

Di a historia que os grandes mestres que esculpían o coiro estaban en Marruecos. De aquí o termo “marroquinería”. Mais o coiro é un deses materiais empregados polo ser humano desde os principios dos tempos para, a partir del, facer pezas de abrigo. E dalgún xeito, ver a compañeiras nosas, artesás do coiro como son ... Ler máis

Escaparate Vivente de gancho _ Boneco Tolo

Ana traballa a técnica do gancho desde fai moitos anos e é unha verdadeira experta nesta arte. Baixo a súa marca Boneco Tolo decidiu evolucionar os seus coñecementos desta técnica e comercializar novos produtos. Empezou a traballar tecendo, non só en plano para crear prendas e complementos, senón que decidiu facer tecidos en circular para engadir ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Brigantia Orfebres

Yesenia e Nuria son as orfebres que están detrás de Brigantia Orfebres. Desde a súa xoiaría, situada na rúa San Pedro, en Santiago de Compostela, e das RRSS da firma, amosan todo o seu traballo creativo para descubrirnos este oficio e facernos partícipes das técnicas tradicionais da orfebrería. Para este escaparate achéganse a rúa da ... Ler máis

Escaparate Vivente de ilustración _ Rashel Art

Raquel é a artista que está detrás das ilustracións da marca Rashel Art. Esta ilustradora formada en escultura pola Escola de Arte Mestre Mateo en Santiago de Compostela, mostra en toda a súa obra unha marcada personalidade. Ata mesmo se podería dicir que un tanto incómoda e provocadora polo elevado detalle co cal nos mostra ... Ler máis

Escaparate Vivente de calceta _ La con Agarimo

Temos, traballando en directo desde o escaparate, a avoa Desiree, da marca La con Agarimo. O nome non lle pode quedar mais axeitado, pois se algo poñen as avoas en todo canto elaboran coas agullas, é moito agarimo. Entre as pezas calcetadas por ela podemos atopar prendas de vestir, para adultos e pequenos, e tamén ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando