- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de xoiaría _ Brigantia Orfebres
Decembro 29, 2022 @ 11:30 a.m. - 1:30 p.m.
Yesenia e Nuria son as orfebres que están detrás de Brigantia Orfebres.
Desde a súa xoiaría, situada na rúa San Pedro, en Santiago de Compostela, e das RRSS da firma, amosan todo o seu traballo creativo para descubrirnos este oficio e facernos partícipes das técnicas tradicionais da orfebrería.
Para este escaparate achéganse a rúa da Caldeirería co propósito de traballar en directo desde outro escenario, o escaparate do Mercado.
E que nos van ensinar nesta demostración? Pois as técnicas básicas deste oficio como son traballar coa segueta, darlle forma ás pezas, limado, lixado e pulido das pezas para compoñer o deseño da xoia final.
Coñeces a súa obra? Se aínda non a coñeces animámoste a facelo.
Título da exposición: “Peza de orfebrería”
Técnicas: segueteado, dar forma, limado, lixado e pulido
Autoras: Yesenia e Nuria
Marca: Brigantia Orfebres
Lugar da exposición: Mercado galego da creatividade
Data: 29 de decembro
Horario: 11:30 -13:30 h
Instagram: @brigantiaorfebres
Facebook: Brigantia Orfebres