- Este evento pasou.
Taller de calceta _ La con Agarimo
Decembro 28, 2022 @ 4:00 p.m. - 7:30 p.m.
Como levas a técnica da calceta? Nunca probaches a traballar coas agullas a ver se che gustaba? Gustaríache facelo? Xa o fixeches pero fáltache saber como deseñar o patrón e elixir os puntos?
Desy, da marca La con Agarimo é a nosa experta en la e calceta e vai impartir un taller no que principiantes e avanzados/as poderemos desfrutar.
A proposta deste obradoiro é elaborar o noso propio gorro con pompón, tecendo coas agullas rectas e axudándonos cunha agulla lanera, unha cinta métrica e unhas tesoiras.
Para a casa levaremos cada quen o noso gorro e un kit de traballo: cunhas agullas, unha cinta métrica e o patrón do gorro.
Que che parece? Este Nadal xa non hai escusa para non agasallar gorriños de la para toda a familia.
Título do taller: “Elaboración dun gorro de la”
Técnica: calceta
Autora: Desy Díaz
Marca: La con Agarimo
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 28 de decembro
Horario: 16:00 – 19:30 h
Facebook: La con Agarimo
Instagram: @laconagarimo