loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Escaparate Vivente de gancho _ Boneco Tolo

Decembro 24, 2022 @ 11:30 a.m. - 1:30 p.m.

Ana traballa a técnica do gancho desde fai moitos anos e é unha verdadeira experta nesta arte.

Baixo a súa marca Boneco Tolo decidiu evolucionar os seus coñecementos desta técnica e comercializar novos produtos. Empezou a traballar tecendo, non só en plano para crear prendas e complementos, senón que decidiu facer tecidos en circular para engadir volume e así crear pezas como os bonecos xaponeses amigurumis. Con esta técnica orixinaria de Xapón crea xoguetes en 3D para os/as cativos/as e os/as non tan pequenos/as da casa como son: Frida Khalo, personaxes como O Apalpador, Pokemons, personaxes da recoñecidísima saga de Star Wars…

Emprega, aparte das súas mans e os ganchos, fibras de algodón ecolóxico e recheos hipoalerxénicos.

E ti, coñeces os/as seus/súas bonequiños/as? Que personaxe che gustaría que fixese para ti? De cal eres fan?

Anímate a pedirlle algunha proposta porque Ana faino para ti.

 

Título da exposición: “Bonecos feitos coa técnica do gancho”
Técnica: gancho
Autora: Ana
Marca: Boneco Tolo
Lugar da exposición: Mercado galego da creatividade
Data: 24 de decembro
Horario: 11:30 -13:30 h

 

Instagram: @bonecotolo
Facebook: Boneco Tolo

 

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

Detalles

Data:
Decembro 24, 2022
Hora:
11:30 a.m. - 1:30 p.m.
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando