- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios
Decembro 15, 2022 @ 11:30 a.m. - 1:30 p.m.
Xa coñecedes á nosa compañeira Diana Fraiz, a xoieira que está detrás da firma Asuntos Imaxinarios.
Pois Diana estará mañá, xoves, día 15, traballando en directo desde o escaparate do Mercado, para que quen teña a curiosidade, coñeza os segredos dos procesos de creación e materiais cos cales traballa esta artesá.
Vai elaborar en directo uns pendentes manipulando unha folla de metal e empregando fío de arame.
Entre as ferramentas de traballo que vai usar están as súas propias mans, un martelo sobre bigornia, o lume dun soprete e a serreta.
Se queres ver unha demostración de traballo artesanal, achégate ao Mercado:
Actividade: Escaparate Vivente ‘elaboración duns pendentes’
Autora: Diana Fraiz
Marca: Asuntos Imaxinarios
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 15 de decembro
Horario: 11:30 – 13:30 h
Instagram: @asuntosimaxinarios
Facebook: Asuntos Imaxinarios