
- Este evento pasou.
Taller de serigrafía artesanal _ amorote printing workshop
Decembro 16, 2022 @ 5:30 PM - 7:30 PM

É unha demanda para moitos e moitas, o taller de estampación de Sandra. Pois aquí o temos para este Nadal.
Xa coñecedes a marca amorote, baixo a cal Sandra comercializa todos os seus deseños. E tamén coñecedes o seu taller de estampación, amorote printing workshop, donde traballa con varias técnicas de impresión artesanal para plasmar as imaxes sobre os soportes e materiais elixidos.
Aínda que coñece e traballa moitas técnicas de estampación, a que vai ensinar en profundidade neste obradoiro é a vosa favorita: a serigrafía artesanal. Desta vez vainos ensinar a serigrafiar con tres cores diferentes e traballaremos sobre base téxtil. Crearemos unha composición de tres figuras e cada figura terá unha cor distinta. A prenda sobre a que estampemos será de algodón, a que ti queiras traer para levala personalizada e convertela en única.
Elixe unha prenda de algodón e dunha cor clara que teñas na casa ou merques para o obradoiro e acepta o reto de levala personalizada para ti (ou para alguén a quen lla queiras agasallar…)
Toma nota do taller:
Título do taller: “Estampación sobre prenda de algodón con tres cores”
Técnica: Serigrafía artesanal
Autora: Sandra de Rego
Marca: amorote
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 16 de decembro
Horario: 17:30 – 19:30 h
Instagram: @amoroteprintingworkshop
Facebook: Amorote printing workshop