Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato

Decembro 17, 2022 @ 11:30 a.m. - 1:30 p.m.

Temos de novo un Escaparate Vivente de xoiaría, de Soledad Mato. Mais desta vez pretende sorprendernos coa técnica que nos vai mostrar.

Estamos habituados/as a ver traballar a Soledad con pedras semipreciosas e prata. O peso das súas xoias recae en gran medida nas historias xeolóxicas que esta xoieira nos conta sobre a formación dos minerais que traballa. As peculiaridades desa formación de minerais son as que lle dan a personalidade, a beleza e fan única a cada xoia.

Neste escaparate sen embargo quere mostrarnos como fai unha peza de esmalte sobre metal ao lume. E en que consiste? Que é o que nos vai ensinar? Pois imos descubrilo no seu traballo en directo, que che parece?

 

Actividade: Escaparate Vivente ‘esmalte sobre metal ao lume’
Autora: Soledad Mato
Marca: Soledad Mato
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 17 de decembro
Horario: 11:30 – 13:30 h

 

Instagram: @soledadmato
Facebook: Joyas únicas Soledad Mato

 

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

Details

Date:
Decembro 17, 2022
Time:
11:30 a.m. - 1:30 p.m.
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando