- Este evento pasou.
Taller de elaboración dunha vidreira coa técnica Tiffany_ Tejeluz
Decembro 14, 2022 @ 5:00 p.m. - 8:00 p.m.
Xa coñecedes ao noso compañeiro Juan, da marca Tejeluz, e a fascinación que este artesán sente polo vidro e o xogo que este fai coa luz e as cores cando se atopan.
Estamos acostumados/as a que exprese esa paixón a través das súas pezas de xoiaría. Mais desta volta quere sorprendernos e decidiu que neste obradoiro nos vai ensinar a elaborar unha vidreira coa técnica Tiffany.
Traballaremos con pezas de vidro de diferentes cores para que nos dean xogo a facer divertidas combinacións entre elas. Cortaremos estas pezas de vidro, aprenderemos a aplicar unha lámina de cobre e a soldar finalmente as peciñas que cortamos para ensamblalas e crear arte de luz e cor sobre vidro.
Atréveste co reto?
Título do taller: “Creación dunha vidreira coa técnica Tiffany”
Técnica: Tiffany
Autor: Juan Fuente
Marca: Tejeluz
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 14 de decembro
Horario: 17:00 – 20:00 h
Instagram: @tejeluz_arte_en_vidrio
Facebook: Tejeluz, Arte en vidrio