![Cargando eventos](https://creativasgalegas.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento pasou.
Taller de xoiaría _ Noga Art´s
Decembro 13, 2022 @ 5:30 p.m. - 7:30 p.m.
![](https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2022/12/WhatsApp-Image-2022-12-10-at-12.10.33.jpeg)
De novo temos no Mercado un taller da nosa compañeira Adriana. Ela é a artesá que está detrás da marca Noga Arts Joyería, e xa que vos gustan tanto os seus talleres, aquí temos outro dos seus obradoiros.
Adriana traballa, sobre todo a prata, e fai peza a peza de xeito totalmente artesanal. Por iso a proposta desta formación: creación dunha xoia, en prata, e facelo desde cero ata o remate final.
Apetéceche coñecer o traballo que hai detrás das pezas de xoiaría? Toma nota:
Título do taller: “Creación dunha peza feita en prata”
Técnica: xoiaría tradicional
Autora: Adriana Clemencia Alzate
Marca: Noga Arts Joyería de Autora
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 13 de decembro
Horario: 17:30 – 19:30 h
Instagram: noga_arts
Facebook: Noga Art’s Joyería Artística / Autora