- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de xoiaría de vidro _ Tejeluz
Decembro 18, 2022 @ 11:30 a.m. - 1:30 p.m.
Xa coñecedes ao noso compañeiro Juan Fuente de traballos que fixo no directo desde o Mercado. A través do seu Escaparate Vivente vai mostrarnos un dos piares básicos do seu traballo diario que comercializa baixo a marca Tejeluz: a técnica de fusing.
En que consiste o fusing e por que é tan importante no seu día a día?
Juan traballa co vidro para, a partir del, facer xoiaría. Pois ben, a técnica do fusing, vitrofusión ou fusión de vidro, como o seu nome fai intuír, consiste na superposición de varias placas de vidro para logo fundilas no forno, a altas temperaturas, para que estas se convertan nunha única peza final. Esta é unha das bases do traballo de Juan para facer a xoiaría de vidro.
Veremos nesta mostra de traballo en directo, desde o momento do corte do material, e a preparación do mesmo para a montaxe final da xoia.
Queres coñecer os segrediños do traballo deste artesán? Achégate ao Mercado:
Actividade: Escaparate Vivente ‘corte do vidro para aplicar logo a técnica do fusing’
Autora: Juan Fuente
Marca: Tejeluz
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 18 de decembro
Horario: 11:30 – 13:30 h
Instagram: @tejeluz_arte_en_vidrio
Facebook: Tejeluz, Arte en vidrio