- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de traballo do coiro _ Dona Formiguinha
Decembro 20, 2022 @ 11:30 a.m. - 1:30 p.m.
Nerea é unha das nosas creativas que traballa o coiro. Baixo a súa marca Dona Formiguinha podedes atopar as marabillas que fai con este material.
Esta artesá inqueda, inconformista, amante dos pequenos detalles e traballadora coma unha formiga vainos deleitar cunha mostra en directo do seu traballo diario.
Destacar do seu traballo que todos os seus produtos están feitos para durar e empregando un coiro de curtición natural, é dicir, usando para curtir taninos vexetais de madeira de acacia, carballo, castaño ou quebracho, en vez de cromo. Traballa de xeito totalmente artesanal e sobre todo con peles de vaca ou cabalo.
Pois si queres coñecela, saber curiosidades do seu traballo e segredos da artesanía do coiro, vente pola tenda.
Actividade: Escaparate Vivente ‘elaboración dunha peza de coiro’
Autora: Nerea Herrera
Marca: Dona Formiguinha
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 20 de decembro
Horario: 11:30 – 13:30 h
Instagram: @donaformiguinha_galicia
Facebook: Dona Formiguinha