- Este evento pasou.
Taller de elaboración dun moedeiro de coiro _ Dona Formiguinha
Decembro 20, 2022 @ 5:00 p.m. - 7:30 p.m.
Nerea, da firma Dona Formiguinha, vai impartir un taller a través do cal elaborar un moedeiro de pel desde cero.
Este obradoiro está pensado para nenos desde os 10 anos ata adultos cun nivel principiante nestas artes de traballar coa pel para conseguir as pezas marabillosas que nos atopamos na marroquinería.
Familiarizarnos co coiro, a textura que ten, as cores, o cheiro da pel, facer o deseño do patrón das distintas pezas e logo elaborar a peza final, son os obxectivos deste taller.
Gustaríache elaborar un moedeiro para ti, ou para agasallar, pero feito por ti?
Título do taller: “Elaboración dun moedeiro de coiro”
Técnica: patrón en ensamblaxe de pezas de coiro para crear un moedeiro
Autora: Nerea Herrera
Marca: Dona Formiguinha
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 20 de decembro
Horario: 17:00 – 19:30 h
Facebook: @Dona Formiguinha
Instagram: @donaformiguinha_galicia