loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de pintura sobre metacrilato _ Tejeluz

Decembro 18, 2022 @ 5:30 a.m. - 7:30 p.m.

Gustaríache crear unha orixinal vidreira cun motivo de Nadal para colgar na árbore? Ou nunha fiestra, o fascinante é que xogue cos reflexos da luz.

Juan, da marca Tejeluz, ten o taller preparado para que  deixes voar a imaxinación e te leves a túa propia obra para casa. 

Neste obradoiro traballaremos con pintura de vidro para pintar sobre metacrilato, un motivo de Nadal. Cada persoa asistente ao taller levará unha imitación de vidreira creada por ela mesma.

Se tes mais de 7 anos toma nota e ven a pasar un rato moi divertido connosco. No anterior taller saíron verdadeiras belezas das mans dos/as nosas pequenos/as. Seguro que desta vez tamén descubrimos grandes artistas.

Toma nota do taller:

 

Título do taller: “Elaboración dunha imitación de vidreira cun motivo de Nadal”
Técnica: Pintura de vidro
Autor: Juan Fuente
Marca: Tejeluz
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 18 de decembro
Horario: 17:30 – 19:30 h

 

Instagram: @tejeluz_arte_en_vidrio
Facebook:  Tejeluz, Arte en vidrio

 

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

Detalles

Data:
Decembro 18, 2022
Hora:
5:30 a.m. - 7:30 p.m.
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando