Escaparate Vivente _ Performance Celia Pía

A policía escribiuno nun papel: vítima de violencia de xénero. E inundóuseme a pel, a garganta, os músculos, os ósos, desa frase escrita. Foi así como me partín en moitos pedazos. Con tempo, moita reflexión, coidados, moitos afectos e moitísimo amor, recollín os anaquiños do corazón que fun, da persoa, e decidín buscar e asumir ... Ler máis

Escaparate Vivente de pintura creativa sobre coiro _ Dona Formiguinha

Nerea, da marca Dona Formiguinha, é unha artesá da Estrada que traballa o coiro. Aparte de ser unha das persoas integrantes deste colectivo Creativas Galegas e ter o seu produto á venda no Mercado Galego da Creatividade, tamén ten unha tenda-obradoiro no seu pobo, A Estrada (Rúa de Don Nicolás, nº 12). Desde alí, coa ... Ler máis

Escaparate Vivente de confección téxtil _ Nobelo a nobelo

María, da marca Nobelo a nobelo, é a nosa experta en bordado artesanal. Empregando a súa aprendizaxe e destrezas, cunha agulla e fíos de cores, crea auténticas obras de arte sobre pezas téxtiles que ela mesma deseña e confecciona cosendo á man ou coa axuda dunha máquina de coser. Esta é a faceta que mais ... Ler máis

Escaparate Vivente de puntos de calceta _ La con Agarimo

Xa coñecedes á nosa compañeira Desiree da firma La con Agarimo. As agullas e a la son as súas compañeiras de vida. É difícil atopala sen estes elementos nas súas mans (e sen unha cunca de café preto, todo sexa dito). Este tradicional oficio que nos recorda ás nosas avoas tecendo roupa para toda a ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoaría _ Asuntos Imaxinarios

Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, Diana de Asuntos Imaxinarios vai facer tamén unha mostra do seu traballo en directo. Esta xoieira quere amosarnos diversas técnicas de forxado para elaborar as súas pezas. Poderemos ver como Diana corta formas en láminas de cobre con tesoira ou con cortadora de círculos, como abranda o metal ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Soledad Mato

Xa coñecedes á nosa compañeira Soledad Mato e a súa paixón polos minerais, pola historia e lugar de formación de cada pedra e os procesos xeolóxicos responsables da maxia das súas cores e formas nas que cristalizan. Para esta mostra de traballo en directo, Soledad decidiu traballar cunha calcedonia de orixe galega, un mineral de ... Ler máis

Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía

Nesta proposta, Mónica, a compañeira de @mocaoartesania, estará a traballar a marroquinería de xeito artesanal. Poderemos ver diferentes peles e coiros de varias orixes (vaca, poldro, ovella, cabra, porco…) e acabados (curtido vexetal, curtido mineral, acabados lisos, acabados bombeados…). Tamén veremos as diversas técnicas que emprega (ensamblado, bruñido tintado de cantos…), así como materiais e ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Diana, a creativa de @asuntosimaxinarios, vainos amosar como crea un colgante de filigrana. Descubriranos técnicas de ourivería tradicional e poderemos ver como prepara os materiais (lixado, recocido do metal con soprete, entorchado, embutido e martelado), como forma os elementos, o proceso de soldadura con soprete, calado con serreta, limado ata que remata co pulido. Ven ... Ler máis

Escaparate Vivente de calceta con agullas _ La con Agarimo

Desi, a creativa que impulsa a marca @laconagarimo, vainos ensinar o proceso de elaboración para un dos seus artigos con máis éxito: o chal vaporoso. Neste escaparate teremos a ocasión de ver a súa arte movendo as agullas de calceta para crear un padrón no que os fíos de la, alpaca e seda se entrelazan. ... Ler máis

Escaparate Vivente de elaboración dunha escultura de libros reciclados

Escaparate Vivente: escultura de libros reciclados Charo, a compañeira que está detrás da marca @d_rositas, traballa con papel de libros que alguén desbota e que ela recupera para darlles unha nova vida. Nesta ocasión imos ter a oportunidade de ver o seu proceso de creación na elaboración dunha escultura de Rosalía de Castro a partir ... Ler máis

Escaparate Vivente de calceta _ La con agarimo

Desi, a nosa compañeira experta en la e tecido con agullas, convídanos a unha xornada na que tecer en público e facelo en grupo. Así que si es experto/a nas artes de tecer, principiante ou queres aprenden, acompáñanos e ven a celebrar connosco o Día deTecer en Público. Axúdanos a berrar aos catro ventos como ... Ler máis

Escaparate Vivente de traballo en coiro _ Dona Formiguinha

Nerea, da marca Dona Formiguinha, traballa artesanalmente o coiro cunha amplísima gama de cores para crear múltiples produtos divertidos, elegantes e cheos de vida. Neste Escaparate Vivente podes ver en vivo e en directo como elabora un peto aforrador en forma de casa, cortando a pel, coséndoa á man e decorando a peza con todos ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando