Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Escaparate Vivente de xoaría _ Asuntos Imaxinarios

Marzo 31, 2023 @ 11:00 a.m. - 1:30 p.m.

Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, Diana de Asuntos Imaxinarios vai facer tamén unha mostra do seu traballo en directo.

Esta xoieira quere amosarnos diversas técnicas de forxado para elaborar as súas pezas. Poderemos ver como Diana corta formas en láminas de cobre con tesoira ou con cortadora de círculos, como abranda o metal con lume de soprete para poder darlle forma co martelo sobre unha bigornia e sobre embutidores de madeira de varios tamaños.

Con todo este traballo ensinaranos finalmente como compoñer a xoia para elaborar uns pendentes e un colgante.
Temos que sinalar que esta creativa non abandona os seus principios de responsabilidade co planeta e por iso emprega sempre que pode, materiais que reducen o impacto ecolóxico do seu oficio.

Queres ver de cerca o traballo desta artista experta en manipular diferentes metais para crear xoias?
Ven a vela no directo:

 

Actividade: Escaparate Vivente de xoiaría
Autora: Diana Fraiz
Marca: Asuntos Imaxinarios
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 31 de marzo
Horario: 11:00 – 13:30 h

 

Instagram: @asuntosimaxinarios
Facebook: @Asuntos Imaxinarios
Pinterest: Asuntos Imaxinarios

 

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

Details

Date:
Marzo 31, 2023
Time:
11:00 a.m. - 1:30 p.m.
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando