- Este evento pasou.
Taller de Hapa Zome _ Boro
Marzo 31, 2023 @ 4:00 p.m. - 8:00 p.m.
A nosa compañeira Lorena Andrea, da marca Boro, proponnos, con motivo dos Días Europeos da Artesanía, un taller de Hapa Zome.
En que consiste?
A Hapa Zome é unha técnica sinxela e divertida de Eco Print.
Por que elixiu Lora esta actividade?
Porque é un taller que se pode facer en familia e compartindo a tarde cos mais pequenos e pequenas da casa.
Que imos facer?
Trataremos de crear unha composición de materiais recollidos da natureza (flores, plantas…) e pasar as cores destes á tela a base de marteladas.
Aprenderemos a facer unha composición harmónica e conseguir un resultado que despois poidamos conservar e lavar.
Apetéceche este taller con Lora?
Inscríbete chamando ou mandando un whatsapp, ao teléfono: 605 14 12 41.
Actividade: Taller de Hapa Zome (eco PRINT)
Autora: Lorena Andrea González
Marca: Boro
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 31 de marzo
Horario:
1ª sesión: 16:00 – 18:00 h
2ª sesión: 18:00 – 20:00 h
Reserva a túa praza no teléfono: 605 14 12 41
Instagram: @boro.tm
Twitter: Boro TM