- Este evento pasou.
Taller de elaboración dunha peza de coiro _ Mocao Artesanía
Abril 1, 2023 @ 4:30 a.m. - 7:30 p.m.
Traballaches algunha vez o coiro ata deseñar a partir del unha peza única feita por ti? Gustaríache facelo?
Mónica, da marca Mocao Artesanía, traballa coa pel de vaca curtida de xeito vexetal. A partir dela deseña e elabora incribles complementos exclusivos que podedes atopar baixo a súa marca Mocao.
A través deste obradoiro vainos ensinar a darlle forma a unha peza de coiro ata crear a partir dela un complemento sinxelo como é un moedeiro. Un taller divertido no que aprenderemos a ver como a partir dunha pel temos que deseñar e cortar os patróns base que logo ensamblaremos para compoñer o moedeiro final buscado.
Se tes a inquedanza de saber como se fai este traballo artesanal non dubides en inscribirte nesta formación chamando ou mandando un whatsapp, ao teléfono: 605 14 12 41.
Actividade: Taller de elaboración dun moedeiro de coiro
Autora: Mónica Cao
Marca: Mocao Artesanía
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 1 de abril
Horario: 16:30 – 19:30 h
Reserva a túa praza no teléfono: 605 14 12 41
Instagram: @mocaoartesania
Facebook: MOCAO Artesanía