
- Este evento pasou.
Taller de papelismo _ D Rositas
Marzo 30, 2023 @ 4:00 p.m. - 8:00 p.m.

Charo é a escultora que elabora, a partir do papel de libros vellos estragados, as obras de arte que atopamos baixo a súa marca D Rositas.
Con este taller Charo vainos ensinar os segredos de como dobrar o papel dun libro ata conseguir facer un vaso a partir das súas follas. E unha vez que temos o vaso, tamén nos mostrará como facer a flor.
Como resultado final deste obradoiro, cada persoa levará consigo un vaso e unha flor feitos de papel, como os da imaxe do cartel.
As persoas que teñan un libro a partir do cal lle gustaría facer estas esculturas, poden traelo, tendo en conta que como mínimo debe ter un total de 250 páxinas. Quen non teña un libro pensado, Charo proporciónalle un.
Que che parece a idea? Toma nota e inscríbete neste taller chamando, ou mandando un whatsapp, ao teléfono: 605 14 12 41.
Actividade: Taller de elaboración dun vaso e unha flor de papel
Autora: Charo Remo
Marca: D Rositas
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 30 de marzo
Horario: 16:00 – 20:00 h
Reserva a túa praza no teléfono: 605 14 12 41
Instagram: @d_rositas
Facebook: D Rositas Artesanía en Papel