
Escaparate Vivente de puntos de calceta _ La con Agarimo
Marzo 30 @ 11:00 AM - 1:30 PM

Xa coñecedes á nosa compañeira Desiree da firma La con Agarimo.
As agullas e a la son as súas compañeiras de vida. É difícil atopala sen estes elementos nas súas mans (e sen unha cunca de café preto, todo sexa dito).
Este tradicional oficio que nos recorda ás nosas avoas tecendo roupa para toda a familia, moito se fala nos últimos tempos dos seus beneficios terapéuticos. Cada vez mais persoas practican esta técnica artesanal para manter e mellorar a saúde mental. Mantén as mans activas, a mente áxil e reduce o estrés. E ao final do proceso temos como resultado unha marabillosa prenda para vestirnos, algo que sempre axuda a autoestima.
Desiree converteu este oficio no seu medio de vida. Entre as peciñas que elabora podemos atopar prendas para bebés, para xente adulta e un montón de complementos que nos axudan a facerlle fronte ao frío.
Queres ver como traballa a nosa compañeira?
Con motivo dos Días Europeos da Artesanía podemos vela traballando en directo a través do seu Escaparate Vivente. Anota:
Actividade: Escaparate Vivente de calceta
Autora: Desiree Díaz Mallo
Marca: La con agarimo
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 30 de marzo
Horario: 11:00 – 13:30 h
Instagram: @laconagarimo
Facebook: @La con Agarimo