Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Escaparate Vivente de confección téxtil _ Nobelo a nobelo

Marzo 29 @ 11:00 AM - 1:30 PM

María, da marca Nobelo a nobelo, é a nosa experta en bordado artesanal. Empregando a súa aprendizaxe e destrezas, cunha agulla e fíos de cores, crea auténticas obras de arte sobre pezas téxtiles que ela mesma deseña e confecciona cosendo á man ou coa axuda dunha máquina de coser. Esta é a faceta que mais nos mostra e a nós a que mais nos gusta ver. Mais desta volta vainos ensinar o proceso de confección e cosido da peza.

Para a nosa compañeira María, ver retallos de tela non é ver sobrantes para tirar ao lixo, senón un montón de texturas e cores de diferentes tecidos que se poden combinar entre si para facer unha peza xenial e exclusiva.

A través deste Escaparate Vivente, con motivo dos Días Europeos da Artesanía 2023, vai ensinar como a partir de retallos téxtiles, elabora carteiras únicas, irrepetibles. Verémola traballar coa máquina de coser en vivo e en directo, no propio escaparate do Mercado.

Ven a vela e pregúntalle cantas curiosidades teñas sobre o seu traballo.

Toma nota:

 

Actividade: Escaparate Vivente de costura creativa
Autora:  María Gaiteiro
Marca: Nobelo a nobelo
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 29 de marzo
Horario: 11:00 – 13:30 h

 

Instagram: @nobelo_a_nobelo
Facebook: Nobelo a nobelo, tecidos, merceria

 

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

Detalles

Data:
Marzo 29
Hora:
11:00 AM - 1:30 PM
Categoría do Evento:

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda