- Este evento pasou.
Escaparate Vivente de pintura creativa sobre coiro _ Dona Formiguinha
Marzo 28, 2023 @ 11:00 a.m. - 1:30 p.m.
Nerea, da marca Dona Formiguinha, é unha artesá da Estrada que traballa o coiro.
Aparte de ser unha das persoas integrantes deste colectivo Creativas Galegas e ter o seu produto á venda no Mercado Galego da Creatividade, tamén ten unha tenda-obradoiro no seu pobo, A Estrada (Rúa de Don Nicolás, nº 12). Desde alí, coa axuda da súa compañeira Carmen, deseña e confecciona artigos de coiro coas súas propias mans.
Se por algo se caracterizan as súas pezas é polo uso de peles de moitas cores (para darlle vida, personalidade e frescura aos complementos) e utiliza peles de curtido natural ou vexetal (curtido da pel con taninos que se producen naturalmente na codia de árbores como o castiñeiro, o carballo, o cereixo, o quebracho…, en vez de con cromo, que permite un curtido mais rápido pero moi contaminante).
Queres coñecer curiosidades sobre o traballo desta artesá?
Pois inauguramos os Días Europeos da Artesanía 2023 co seu Escaparate Vivente. Nesta demostración de traballo en directo vainos ensinar a pintar a man alzada, con pincel, un debuxo sobre as pezas de coiro que ela mesma elabora. Para iso vai unhas pinturas específicas.
Queres saber mais?
Ven a vela no directo e ela mesma che conta encantada os procesos do seu traballo.
Actividade: Escaparate Vivente de pintura sobre peza de coiro
Autora: Nerea Herrera
Marca: Dona Formiguinha
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 28 de marzo
Horario: 11:00 – 13:30 h
Instagram: @donaformiguinha_galicia
Facebook: @Dona Formiguinha