Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Días Europeos da Artesanía

Marzo 27 - Abril 2

A celebración dos Días Europeos da Artesanía ten lugar do 27 de marzo ao 2 de abril.

Esta iniciativa está promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI), a través da súa área de promoción da artesanía (Fundesarte), e pola Organización de Artesanos de España (Oficio e Arte).

O obxectivo destes Días da Artesanía é mostrar as singularidades dos procesos de traballo nos diferentes eidos e oficios da artesanía. Coñecer as ferramentas que se empregan a día de hoxe, por que, a filosofía que marca o traballo final dunha persoa que continúa os oficios e tradicións dun pobo,  os materiais que utiliza, como se vai reformulando e adaptando no tempo… Para iso, ao longo dunha semana, celébranse en diferentes puntos, actividades de balde, abertas a todo o público, para que calquera persoa curiosa se poida achegar e coñecer a estes profesionais do traballo feito á man.

Creativas Galegas súmase a estas demostracións de traballo en directo a través dos Escaparates Viventes e os talleres que imos impartir da man de diferentes profesionais.

Onde?
No Mercado Galego da Creatividade 🎨

Con estas actividades demostrativas queremos visibilizar a gran riqueza de oficios que se manteñen vivos ao longo do tempo, o valor que ten a artesanía e á xente profesional que está detrás da conservación das nosas artes e tradicións.

Cada vez mais persoas estamos cansas da estandarización de canto consumimos e buscamos a innovación, a exclusividade, o deseño, a calidade, que nos sorprendan e as experiencias de compra únicas, próximas e humanas. Isto é algo só a artesanía e os comercios locais podemos ofrecer.

Non te perdas a nosa axenda de actividades!

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

Detalles

Comezo:
Marzo 27
Remate:
Abril 2
Categoría do Evento:

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda