![Cargando eventos](https://creativasgalegas.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
- Este evento pasou.
Escaparate Vivente _ Performance Celia Pía
Marzo 11, 2023 @ 7:30 p.m.
![](https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/03/yo-presidiaria.png)
A policía escribiuno nun papel: vítima de violencia de xénero.
E inundóuseme a pel, a garganta, os músculos, os ósos, desa frase escrita.
Foi así como me partín en moitos pedazos.
Con tempo, moita reflexión, coidados, moitos afectos e moitísimo amor, recollín os anaquiños do corazón que fun, da persoa, e decidín buscar e asumir todas aquelas ferramentas que me faltaron para non darme conta de que, aos poucos, íame metendo nun lugar no que nunca quixen estar.
Así son as relacións abusivas.
A través desta perfomance queremos facer un chamamento a todas as persoas que queirades participar e levantar a voz en contra do machismo, sen violencia, con determinación e firmeza, e coa esperanza de que sexa un grao de area nas loitas que se coñecen e nas que están silenciadas.
Moitas mans tendidas para soster a quen xa pasou por aí e para quen estea nese lugar e non sabe como, ou non ten a forza, para saír del.
Queres acompañarnos?
Actividade: Escaparate Vivente_Performance
Autora da performance: Celia Pía
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: sábado, día 11 de marzo
Horario: 19:30 h